FANDOM


İhi

İhi Kadse.

İhi Kadse, cuxo nomee real é secreto, é unha personaxe do universo expandido de Planetes. É teremedosiana, como o seu noivo e futuro marido.

Infancia

İhi naceu no ano 1995, igual que Josep Maria #, pero en xaneiro. De pequena foi coñecida en Europa. Cando tiña 10 anos coñeceu a Josep Maria #, e el descubriu que İhi tamén era teremedosiana. Por iso empezaron a saír, en abril do 2005. Isto é mencionado nalgúns episodios de Planetes 3.

Adolescencia

İhi abandonou as súas aptitudes para unirse á FEF 07 con Josep Maria 12 en 2007, dous anos despois de coñecerse. Josep Maria 12, que estivera moitos anos inactivo, recuperou a Frota Estelar da Federación coa nave FEF 07 e İhi entra como alférez xunto con 0. Ela rapidamente é ascendida a comandante, e 0 a piloto (actual tenente comandante). Pouco máis adiante, en 2008, Talos entra na FEF e o almirante Edward ascende a 12 a almirante. Entón 12 ascende a İhi a capitá e a 0 como comandante da nave FEF 07. Isto aparece no primeiras catro tempadas de SerieStar4.

Josep Maria #, İhi e 0 empezan unhas aventuras a bordo da nave FEF 07 no ano 2009. İhi descubriu a existencia do Mar dixital e ela creou un mundo virtual coa súa gran intelixencia, e ademais atopou un método para ir a ese mundo virtual, chamado “virtualización”. Ela e Josep Maria # descubriron que na súa escola había un supercomputador hidráulico escondido. A parte da súa intelixencia, İhi ten moitas ideas de facer plans, axudando en todo o que pode a Josep Maria #. Nestas aventuras tiveron que loitar tres veces contra XANA. İhi tamén descubriu o limbo, e que alí se atopa a imaxinación da xente, e por iso están alí os universos de ficción da televisión. Entón atopou un método para ir a estes universos, chamado “limbización”, e un proceso inverso para traer xente do limbo á Terra, a “materialización”. Con estes descubrimentos tiveron moitas aventuras, até o ano 2011, que foi cando Josep Maria # deixou de ir á escola que había o supercomputador. Isto aparece na segunda parte de Planetes 3, onde İhi durante esta serie ten o rango de capitá. Tamén aparece na segunda parte de Planetes Mata 2, pero ten pouco protagonismo xa que aparece xunto con Josep Maria # e 0 cando saen a Terra e as outras naves que non son a FEF 05.

O 4 de abril do 2011, un suliban cambia a historia porque se fai noivo dunha moza chamada Kimberly que, segundo a historia que narra Ɛ, nunca tería noivo. Entón todo cambia: Josep Maria # empezou a estudar Bacharelato nunha escola que na liña temporal orixinal nunca estivo, e na súa clase había unha rapariga chamada Érika, que en realidade resulta ser unha alieníxena de orixe descoñecida disfrazada como humana que cren que quere destruír aos teremedosianos. Entón captúrana para examinala na FEF 07. Pouco despois, no verán do 2012, a 07 cruza unha fractura no subespacio que os leva ao ano 2412 e na liña temporal orixinal. Alí se alían cunha nave chamada USS Enterprise (NCC-1701-F), onde unha tripulante, o alférez Miral Paris, estivera estudando a secreta Frota Estelar da Federación do século XXI. Alí descobren o seu futuro que ocorrería na liña temporal orixinal, e tamén descobren que Érika reencarnada nunha nena de 12 anos, Annika Caetano, quere destruír o universo tal e como o coñecemos e crear un universo baixo o seu control. Coa axuda inesperada de Érika, logran deter a Annika Caetano porque Érika fai que a súa versión do futuro entre nun vórtice e deixe de existir. E tamén coa axuda de Érika, volven ao seu tempo e á súa liña temporal. Isto vese na película Planetes III: Entre dous períodos de tempo.

No ano 2013, Josep Maria 18, İhi e a tripulación da nave FEF 07 descobren que a especie de Érika en realidade é unha especie moi importante para o universo, xa que elas crearon toda a enerxía que existe. Pero unhas entidades descoñecidas han exterminado a toda a especie, menos dúas mozas: Érika e outra moza, chamada Velika (Велика). Esta última moza está nalgún lugar do sueste de Europa, pero Josep Maria 18 só a viu por casualidade nunha excursión que fixo e a FEF perdeu o seu rastro. As entidades que queren exterminar a Érika e a Velika (Велика) e acabar coa especie son descoñecidas, pero Josep Maria 18 atopa que un ser que non tería que existir é quen pode acabar coa especie. Esta forma de vida é a Creación Áurea, que actualmente ten forma dunha moza da súa idade e que vai á súa igrexa, e chámase Kirannis. Pero ela non sabe nada dos seus poderes, e hai algunhas entidades detrás dela que son quen o manexan todo. A FEF quere ser neutral a este enfrontamento, pero veranse obrigados a colaborar cando non hai outro remedio. Ademais, as entidades que controlan a Creación Áurea poden facer filtros de percepcións, que son persoas ou elementos que en realidade non existen pero que todo o mundo veo e pensa que é real. Utilizan estes filtros para enganar os oficiais da FEF, e sobre todo a Josep Maria 18. Entón deciden unirse con máis persoas: as irmás McClain (China, Lauryn e Sierra), e unha amiga da igrexa de Josep Maria 18: Lorena. Ademais, Lina e Rutitto volven para axudar os seus antigos amigos. Tamén descobren que outro amigo da igrexa de Josep Maria 18, Melvin, ten unha neta que será unha viaxeira do tempo máis importante que Dany. İhi crea novos inventos para poder entender esta guerra e resolver todos os enigmas. Pero Érika non sabe que Velika (Велика) está viva e pensa que ela é a última, e non quere crer o que lle di Josep Maria 18. Isto vese na película Planetes IV: A enerxía do universo.

Na película Planetes V: O teu nome na Terra, İhi termina a relación co seu noivo, porque perde a memoria sobre a FEF e queda na Terra como unha rapariga normal. Entón Josep Maria 20 quere algunha cousa máis con Lauryn. E durante esta película, Josep Maria 20 está namorado de Alexandra. İhi xa non aparece máis.

Futuro alternativo

A partir da tempada 5 de SerieStar4 móstrase o posible futuro dos personaxes sen os cambios na historia polos sulibans: İhi aparece casada con Josep Maria # e ten dous fillos, Dany (verdadeira identidade de Ɛ) e Êlisy. Dany tamén casa e ten un fillo, Adry, que tamén casa e así segue a descendendia de İhi e Josep Maria #. Xubílase da FEF con 56 anos, pero segue aparecendo ao longo da serie.

Universo espello

İhi no universo espello é unha do vinte sobreviventes de Teremedó, casada con Josep Maria # en 2012 aínda que este segue sendo mullereiro, como a maioría do mundo paralelo. É asasinada o 2095 por un terrano (humano), aproveitándose que cumpre 100 anos e perde os poderes.

Personaxes de Planetes
Serie Personaxes principais das series
Planetes (anime) Hachirota "Hachimaki" HoshinoAi TanabeFee CarmichaelYuri Mihairokoh
Planetes (serie 1) Josep Maria 4RaljaLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes Mata 2 Josep Maria #RaljaManuelLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes 3 Josep Maria #LinaManuelLaiaLiaPadokOutros nenosBursianosİhi Kadse0PumikyCarlaAnnRutittoKimberly
SerieStar4 GrokaPadokOutros tripulantesJosep Maria #İhi Kadse0PumikyCarlaAnnLaiaKimberly (Mimi)Dany
Máis… Meŀlina (Planetes II) • Érika (Planetes III) • Creación Áurea (Planetes IV) • Lorena (Planetes IV) • Lauryn (Planetes V) • Alexandra (Planetes V)

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.