FANDOM


Dany

Dany como viaxeiro do tempo Ɛ.

Dany Agrokak Loppy Tregsak, tamén coñecido como Ɛ ou Daniels, é un personaxe do universo expandido de Planetes. É teremedosiano, e é fillo de Josep Maria # e İhi Kadse.

Vida no século XXI

Nun posible futuro, Josep Maria # e İhi Kadse casarán e terán dous fillos: Dany e Êlisy. Dany nace en 2016, e pasa os seus primeiros anos de vida na Terra cos seus pais, e a partir do 2026, coa súa irmá Êlisy. En 2043 empeza a Terceira Guerra Mundial, e Dany e a súa familia vanse vivir á nave FEF 09, fóra da Terra.

Anos máis tarde casa cunha teremedosiana, Julay. O seu pai Josep Maria # e a súa nai İhi xubílanse, e el pasa a ser o novo almirante da FEF ao mesmo tempo que Julay pasa a ser capitá da 09. Dany e Julay teñen un fillo, Adry.

En 2056 os pegasianos atacan Góbola e destrúeno e Dany, con rabia pola perda do planeta, atopa unha maneira de destruír Pegaso e toda a súa raza, pero necesítase un sacrificio: el tense que meter nun vórtice. Despois de chegar coa FEF 09 a Pegaso el conségueo, cae no vórtice e é dado por morto.

Vida no século XXXI

Dany, que non morreu, foi parar ao século XXXI (xusto 1000 anos máis tarde). Despois de adaptarse a ese século e dalgunhas prácticas, entrou na organización de viaxes no tempo. Baixo a identidade de Ɛ, estivo a axudar a o seu pai con 15 anos co fin de que non cambiase máis a historia, loitando contra os sulibans. Unha Kimberly dun futuro alternativo tamén loitaba contra os sulibans e foi parar ao 2011, pero volveuse ir.

Dany viu como cambiaba a historia cando un suliban fíxose noivo de Kimberly, e segundo a historia de Dany ela nunca tería noiva, pero el non o puido impedir. Estivo a contactar secretamente co seu pai ata que os sulibans deixaron o século XXI. Pero no último episodio da novena tempada de SerieStar4 aparecen outra vez os mesmos pero na historia normal e no ano 2063, un día antes do primeiro contacto. A nave FEF 09 atópase esta especie, e eles levan á agora tenente Kimberly (Mimi), que o seu ex noivo cóntalle acerca da outra historia e cando é liberada cóntallo a Josep Maria 67, e este ponse a buscar a liña temporal da que os sulibans veñen. Ao final estes vanse a outro mundo paralelo e non volverán máis.

Pero aínda está a Guerra Fría Temporal, unha guerra que interveñen sulibans e outras faccións, e Ɛ aínda ten que arranxar máis cambios que os sulibans fixeron na liña temporal. Cámbiase a identidade de Ɛ a Daniels, pseudónimo parecido ao seu nome real, e vaise a unha nave do século XXII onde hai máis problemas.

Outros datos e ligazóns externas


Personaxes de Planetes
Serie Personaxes principais das series
Planetes (anime) Hachirota "Hachimaki" HoshinoAi TanabeFee CarmichaelYuri Mihairokoh
Planetes (serie 1) Josep Maria 4RaljaLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes Mata 2 Josep Maria #RaljaManuelLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes 3 Josep Maria #LinaManuelLaiaLiaPadokOutros nenosBursianosİhi Kadse0PumikyCarlaAnnRutittoKimberly
SerieStar4 GrokaPadokOutros tripulantesJosep Maria #İhi Kadse0PumikyCarlaAnnLaiaKimberly (Mimi)Dany
Máis… Meŀlina (Planetes II) • Érika (Planetes III) • Creación Áurea (Planetes IV) • Lorena (Planetes IV) • Lauryn (Planetes V) • Alexandra (Planetes V)

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.