FANDOM


07

A nave FEF 07.

07

La nau FEF 07 en órbita da Terra.

A nave FEF 07 é unha nave estelar do universo expandido de Planetes que pertence á Frota Estelar da Federación.

Construción e tripulación

En 2007 Josep Maria 12, despois de estar durante anos inactiva a FEF, recuperouna construíndo en Teremedó a nave FEF 07. 12, co seu antigo rango de capitán, agora fíxose cargo da 07 e engadiu á súa tripulación a súa noiva İhi Kadse e o seu irmán 0 co rango de alférez, e o pequeno Pumiky co rango de piloto. Rapidamente ascendeu a İhi como comandante e primeiro oficial, e a 0 como tenente. Posteriormente Talos entrou á FEF, e o almirante Edward ascendeu a 12 a almirante, e 12 ascendeu a İhi como capitá da FEF 07 e a 0 como comandante e primeiro oficial.

Aventuras

Unha vez formada a tripulación, tiveron moitas aventuras: crean un mundo virtual no Mar dixital, a rede de Internet. Teñen aventuras nese mundo, destrúeno, crean outros máis e teñen que loitar tres veces contra XANA. Todo isto é visto nas tempadas 3-8 de Planetes 3. Ao longo destas van engadindo á tripulación da FEF 07 novos amigos como unha copia dunha moza chamada Carla (logo casa con 0), Rutitto (logo vaise), unha copia dunha moza chamada Marta, unha moza chamada Júlia (logo vaise), unha muller rexuvenecida chamada Lee, que logo se vai deixando a súa filla, Ann (que se fai noiva de Pumiky), e unha moza do Limbo chamada Винкс-Melins, que se perde noutro Limbo e entón deciden buscar as Winx da Terra (misión paralizada posteriormente). Tamén collen a Carol, do universo espello, que logo resulta ser unha traidora.

Posteriormente aparece unha moza do universo espello chamada Superintendente Selena, que secuestra a nave con Carol e quérea usar como arma na guerra do seu universo. Josep Maria 15 atopa á mesma Superintendente con menos anos e ve unha oportunidade: borrarlle a memoria para que quede no universo de 15 e non creza, así nunca existirá nin a Superintendente nin toda a súa guerra que case acaba con todos os teremedosianos do universo espello.

A cousa complícase cando aparecen os sulibans e tentan cambiar a historia: primeiro atacan a 07, pero iso non cambia a historia. O que a cambia é cando, o 4 de abril do 2011, un suliban faise noivo dunha moza que, segundo a historia que narra Ɛ, nunca tería noivo. A moza chámase Kimberly, que segundo a historia orixinal coñecerá o segredo da FEF posteriormente. Ao final Kimberly deixa a Paul Archer, o suliban que se fai pasar por humano, porque descobre que non é da Terra. E entón decide unirse á FEF, co descubrimento dunha irmá do futuro chamada Newecy e dunha filla doutra liña temporal chamada Irene. Newecy queda coa súa irmá, ata que decide irse a estudar a Teremedó. Agora parece que a liña temporal está cambiada, e a terceira serie de Planetes termina cunha mestura de liñas temporais e acaba noutra diferente á que se narra en SerieStar4, que é a que Ɛ do século XXXI e Miral Paris do século XXV dixeron que é a correcta.

Futuro

Nun posible futuro sen alterar polos sulibans, a nave FEF 07 e o seu supercomputador é destruída en 2020, e a tripulación vaise á nova nave FEF 09. Isto vese en SerieStar4. Na liña temporal alterada das películas Planetes III: Entre dous períodos de tempo e Planetes IV: A enerxía do universo, cando se inaugura a nave a nave FEF 09 no 2015, 0 pasou a ser capitán da nave FEF 07 xunto con Carla como comandante e o resto da tripulación trasladouse á nova 09. 0 agora ten nova tripulación de Teremedó na 07.


Naves de Planetes
Bóla 04FEF 05FEF 06FEF 07FEF 08FEF Dortox 00FEF 09

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.