Wiki Planetes
Registrarse
Advertisement
16

Josep Maria con 16 anos.

Yusepy Maray Agrokak Peñad Koñat #, coñecido como Josep Maria #, é o protagonista de maior importancia do universo expandido de Planetes. É un teremedosiano. Naceu o 26 de xullo do 1995.

Infancia[]

En 1999, con 4 anos, marchou da Terra coa bóla 04 rumbo a Góbola con outros nenos humanos e Ralja (goboliana), pero os bursianos capturáronos e encerráronos no recinto Tékoda. Cando tiña 6 anos fundou a Frota Estelar da Federación entre humanos, gobolianos e ifnilianos. Dous meses máis tarde escapou destruíndo Tékoda e viaxou ao pasado para cubrir a súa ausencia. Todo isto vese en Planetes (serie 1), Planetes Mata 2 e as dúas primeiras tempadas de Planetes 3 (primeira parte).

Adolescencia[]

Non se coñece máis até 2007, con 12 anos, que volve aparecer con tres novos personaxes: İhi Kadse, o seu irmán 0 e o pequeno Pumiky. Engaden á FEF o sistema Talos, crean máis naves: FEF 07 e FEF Dortox 00, recuperan a nave perdida FEF 05 e ao final só quedan na Terra el, İhi, 0 e Pumiky.

Entón crean un mundo virtual no Mar dixital, a rede de Internet. Teñen aventuras nese mundo, destrúeno, crean outros máis e teñen que loitar tres veces contra XANA. Todo isto é visto nas tempadas 3-8 de Planetes 3. Ao longo destas van engadindo á tripulación da FEF 07 novos amigos como unha copia dunha moza chamada Carla (logo casa con 0), Rutitto (logo vaise), unha copia dunha moza chamada Marta, unha moza chamada Júlia (logo vaise), unha muller rexuvenecida chamada Lee, que logo se vai deixando a súa filla, Ann (que se fai noiva de Pumiky), e unha moza do Limbo chamada Винкс-Melins, que se perde noutro Limbo e entón deciden buscar as Winx da Terra (misión paralizada posteriormente). Tamén collen a Carol, do mundo paralelo, que logo resulta se unha traidora.

Posteriormente aparece unha moza do mundo paralelo chamada Superintendente Selena, que secuestra a nave con Carol e quérea usar como arma na guerra do seu mundo. Josep Maria 15 atopa á mesma Superintendente con menos anos e ve unha oportunidade: borrarlle a memoria para que quede no mundo de 15 e non creza, así nunca existirá nin a Superintendente nin toda a súa guerra que case acaba con todos os teremedosianos do mundo paralelo.

A cousa complícase cando aparecen os sulibans e tentan cambiar a historia: primeiro atacan a 07, pero iso non cambia a historia. O que a cambia é cando, o 4 de abril do 2011, un suliban faise noivo dunha moza que, segundo a historia que narra Ɛ, nunca tería noivo. A moza chámase Kimberly, que segundo a historia orixinal coñecerá o segredo da FEF posteriormente. Ao final Kimberly deixa a Paul Archer, o suliban que se fai pasar por humano, porque descobre que non é da Terra. E entón decide unirse á FEF, co descubrimento dunha irmá do futuro chamada Newecy e dunha filla doutra liña temporal chamada Irene. Newecy queda coa súa irmá, ata que decide irse a estudar a Teremedó. Agora parece que a liña temporal está cambiada, e a terceira serie de Planetes termina cunha mestura de liñas temporais e acaba noutra diferente á que se narra en SerieStar4, que é a que Ɛ do século XXXI e Miral Paris do século XXV dixeron que é a correcta.

Nesta nova liña temporal, Josep Maria # empezou a estudar Bacharelato nunha escola que na liña temporal orixinal nunca estivo. No seu primeiro ano, na súa clase había unha rapariga chamada Érika, que en realidade resulta ser unha alieníxena de orixe descoñecida disfrazada como humana que cren que quere destruír aos teremedosianos. Entón captúrana para examinala na FEF 07. Pouco despois, no verán do 2012, a 07 cruza unha fractura no subespacio que os leva ao ano 2412 e na liña temporal orixinal. Alí se alían cunha nave chamada USS Enterprise (NCC-1701-F), onde unha tripulante, a alférez Miral Paris, estivera estudando a secreta Frota Estelar da Federación do século XXI. Alí descobren o seu futuro que ocorrería na liña temporal orixinal, e tamén descobren que Érika reencarnada nunha nena de 12 anos, Annika Caetano, quere destruír o universo tal e como o coñecemos e crear un universo baixo o seu control. Coa axuda inesperada de Érika, logran deter a Annika Caetano porque Érika fai que a súa versión do futuro entre nun vórtice e deixe de existir. E tamén coa axuda de Érika, volven ao seu tempo e á súa liña temporal. Isto vese na película Planetes III: Entre dous períodos de tempo.

No ano 2013, Josep Maria 18 e a tripulación da nave FEF 07 descobren que a especie de Érika en realidade é unha especie moi importante para o universo, xa que elas crearon toda a enerxía que existe. Pero unhas entidades descoñecidas han exterminado a toda a especie, menos dúas mozas: Érika e outra moza, chamada Velika (Велика). Esta última moza está nalgún lugar do sueste de Europa, pero Josep Maria 18 só a viu por casualidade nunha excursión que fixo e a FEF perdeu o seu rastro. As entidades que queren exterminar a Érika e a Velika (Велика) e acabar coa especie son descoñecidas, pero Josep Maria 18 atopa que un ser que non tería que existir é quen pode acabar coa especie. Esta forma de vida é a Creación Áurea, que actualmente ten forma dunha moza da súa idade e que vai á súa igrexa, e chámase Kirannis. Pero ela non sabe nada dos seus poderes, e hai algunhas entidades detrás dela que son quen o manexan todo. A FEF quere ser neutral a este enfrontamento, pero veranse obrigados a colaborar cando non hai outro remedio. Ademais, as entidades que controlan a Creación Áurea poden facer filtros de percepcións, que son persoas ou elementos que en realidade non existen pero que todo o mundo veo e pensa que é real. Utilizan estes filtros para enganar os oficiais da FEF, e sobre todo a Josep Maria 18. Entón deciden unirse con máis persoas: as irmás McClain (China, Lauryn e Sierra), e unha amiga da igrexa de Josep Maria 18: Lorena. Ademais, Lina e Rutitto volven para axudar os seus antigos amigos. Tamén descobren que outro amigo da igrexa de Josep Maria 18, Melvin, ten unha neta que será unha viaxeira do tempo máis importante que Dany. İhi crea novos inventos para poder entender esta guerra e resolver todos os enigmas. Pero Érika non sabe que Velika (Велика) está viva e pensa que ela é a última, e non quere crer o que lle di Josep Maria 18. Isto vese na película Planetes IV: A enerxía do universo.

Na película Planetes V: O teu nome na Terra, İhi termina a relación co seu noivo, porque perde a memoria sobre a FEF e queda na Terra como unha rapariga normal. Entón Josep Maria 20 quere algunha cousa máis con Lauryn. E durante esta película, Josep Maria 20 está namorado de Alexandra. Ao final da película, Josep Maria 20 parece que está a cambiar, e non saben se todo isto é influencia da Creación Áurea.

Futuro alternativo[]

A partir da tempada 5 de SerieStar4 móstrase o posible futuro dos personaxes sen os cambios na historia polos sulibans: Josep Maria # aparece casado con İhi Kadse e ten dous fillos, Dany (verdadeira identidade de Ɛ) e Êlisy. Dany tamén casa e ten un fillo, Adry, que tamén casa e así segue a descendendia de Josep Maria #. Na liña temporal normal xubílase con 56 anos, pero segue aparecendo ao longo da serie.

Universo espello[]

Josep Maria # no universo espello é o xefe da unión Teremedovulcaniana, moi mullereiro (ao contrario do universo normal). A xente chámalle Yusma. Ten un fillo coa Kimberly normal (2011). É asasinado o 2095 por un terrano (humano), aproveitándose que cumpre 100 anos e perde os poderes.

Personaxes de Planetes
Serie Personaxes principais das series
Planetes (anime) Hachirota "Hachimaki" HoshinoAi TanabeFee CarmichaelYuri Mihairokoh
Planetes (serie 1) Josep Maria 4RaljaLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes Mata 2 Josep Maria #RaljaManuelLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes 3 Josep Maria #LinaManuelLaiaLiaPadokOutros nenosBursianosİhi Kadse0PumikyCarlaAnnRutittoKimberly
SerieStar4 GrokaPadokOutros tripulantesJosep Maria #İhi Kadse0PumikyCarlaAnnLaiaKimberly (Mimi)Dany
Máis… Meŀlina (Planetes II) • Érika (Planetes III) • Creación Áurea (Planetes IV) • Lorena (Planetes IV) • Lauryn (Planetes V) • Alexandra (Planetes V)
Advertisement