FANDOM


Kimberly

Kimberly.

Kimberly futuro

Kimberly no futuro.

Kimberly Rocío Moisés Alba, chamada polos seus amigos Mimi, é unha personaxe do universo expandido de Planetes. Ten dúas irmás, Vielka e Carla Yonnely, e en 2014 terá outra irmá chamada Newecy. Ela é de Bolivia, dun territorio que en 2024 se independiza e pasa a chamarse El Tanika (país que aparece no anime). Ela é a causante dunha liña temporal alternativa, e por iso a vida desta moza é moi complexa.

Aparición en Planetes 3

O 16 de xaneiro do 2011 a copia de Josep Maria 15 do universo espello chegou cunha cápsula-nave á Terra do noso universo e deixou embarazada a Kimberly, xa que a súa copia no universo espello estaba morta. Josep Maria do universo espello fixo que o feto tivese metabolismo accelerado, e así que creceu foise ao seu universo. 15 fixo todo o que puido para parar ao seu dobre, pero fallou en dous intentos.

O 4 de abril do 2011 (o seu aniversario), un suliban faise noivo dela, e segundo a historia que narra Ɛ, nunca tería noivo. Ao final Kimberly deixa a Paul Archer, o suliban que se fai pasar por humano, porque descobre que non é da Terra. E entón decide unirse á FEF, co descubrimento dunha irmá do futuro chamada Newecy e dunha filla doutra liña temporal chamada İrene. Newecy queda coa súa irmá, ata que decide estudar a Teremedó. Agora parece que a liña temporal está cambiada, e a terceira serie de Planetes termina cunha mestura de liñas temporais e acaba noutra diferente á que se narra en SerieStar4, que é a que Ɛ do século XXXI e Miral Paris do século XXV dixeron que é a correcta.

Ao final da película Planetes III: Entre dous períodos de tempo bórranlle a memoria e deixa de ser da FEF.

Aparición en SerieStar4

Aparece cando se ve un posible futuro, onde se descobre que nese futuro Kimberly terá un papel moi importante na historia. Non coñecerá a FEF até 2024, cando intervén na independencia dun país futuro, El Tanika (país que aparece no anime). Tamén axuda á FEF coa Terceira Guerra Mundial e está presente na desgraza da primeira colonia en Marte, cando por un problema todos morren no 2059. Ela neste posible futuro serve a bordo da nave FEF 09. En 2063, un día antes do primeiro contacto, a nave FEF 09 atópase os sulibans que cambiaron a historia, e eles levan á agora tenente Kimberly (Mimi), que o seu ex noivo cóntalle acerca da outra historia e cando é liberada cóntallo a Josep Maria 67, e este ponse a buscar a liña temporal da que os sulibans veñen. En 2082 morre dunha contaminación nun planeta.

Universo espello

No universo espello Kimberly morreu na guerra que a Superintendente Selena e o seu grupo de terranos (humanos) fixo contra a Unión Teremedovulcana. Descoñécese a causa da súa morte cando o Josep Maria 15 do mundo normal cambia a historia do mundo paralelo.

Personaxes de Planetes
Serie Personaxes principais das series
Planetes (anime) Hachirota "Hachimaki" HoshinoAi TanabeFee CarmichaelYuri Mihairokoh
Planetes (serie 1) Josep Maria 4RaljaLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes Mata 2 Josep Maria #RaljaManuelLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes 3 Josep Maria #LinaManuelLaiaLiaPadokOutros nenosBursianosİhi Kadse0PumikyCarlaAnnRutittoKimberly
SerieStar4 GrokaPadokOutros tripulantesJosep Maria #İhi Kadse0PumikyCarlaAnnLaiaKimberly (Mimi)Dany
Máis… Meŀlina (Planetes II) • Érika (Planetes III) • Creación Áurea (Planetes IV) • Lorena (Planetes IV) • Lauryn (Planetes V) • Alexandra (Planetes V)

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.