FANDOM


Lorena

Lorena.

Lorena Cuevas Medina é unha personaxe do universo expandido de Planetes. Ela é da República Dominicana e ten dúas irmás, Nelianny Isabel e Laura. Esta personaxe só aparece despois da división da liña temporal feita polos sulibans.

Liña temporal orixinal

Pouco sábese da vida de Lorena na liña temporal orixinal. Cando Adry (neto de Josep Maria # e İhi Kadse) viaxou á liña temporal alternativa e ao 6 de xullo do 2014, na burbulla de tempo conxelado viu ao seu avó e a Lorena xuntos cando visitou a casa do seu avó. Pero en verdade viron uns filtros de percepción creados pola Creación Áurea, para enganar aos oficiais do futuro e realmente Josep Maria # e Lorena estaban noutro sitio. Por iso quixo saber máis sobre ela, e buscouna na súa liña temporal, a orixinal. Atopouna en Portugal, na cidade de Porto, que se trasladou desde Cataluña a este país cando era nova. Casou cun raparigo de Angola que vivía en Portugal, José Gonçalves, e tivo unha filla chamada Maria. No ano 2090, Adry atopou a Lorena coa súa filla e a súa neta, e levouna a Teremedó para reunirse con Josep Maria 95. Entón descubriu que tiña unha enfermidade e non podía vivir fóra da Terra, e volveron á Terra. Entón atopáronse coa neta de Érika, chamada igual, que lles revelou que era alieníxena e tiña baixo o seu control o hospital da Prelada de Porto. Érika empeza a enviar datos a Teremedó, e sobe á FEF 09 con permiso de Adry. Lorena morre sen que Érika puidese facer nada, e Adry descobre que Lorena tiña un elemento dentro dela que lle provocaba a enfermidade, que Érika dixo que algúns o chaman “frecuencia”. Entón Érika decide borrarlle a memoria a todos da liña temporal orixinal calquera recordo da liña temporal alterada que teñan. Isto aparece en SerieStar4.

Liña temporal alterada

Na liña temporal alterada polos sulibans con Kimberly, Lorena aparece de nova. Lorena é unha rapariga que vai á primeira igrexa de Josep Maria #, pero logo el deixou de ir a esa igrexa para ir á igrexa que vai a Creación Áurea, que é da mesma rama de igrexa cristiá evangélica. Outro mozo da igrexa de Lorena que estudaba na mesma clase que Josep Maria # antes de ir á universidade, chamado Melvin, fíxose amigo de Josep Maria # e el faloulle a Melvin sobre a FEF e sobre Érika, aínda que fai ver que todo é imaxinación. Xuntos descobren que hai xente que é especial por ter o que Melvin chama “frecuencias”. Josep Maria # ten unha e İhi tamén, e Melvin ten dous. Tamén descobren que Lorena ten unha, e por iso Josep Maria # agora sente atracción por ela, xa que as persoas con frecuencias atráenlle igual como as persoas especiais. A frecuencia de Lorena antes tíñaa a súa irmá, Nelianny Isabel, da que tamén sentía atracción ata que perdeu a frecuencia. Por algún motivo descoñecido, na burbulla temporal que visitou o neto de Josep Maria # da liña temporal orixinal, Adry, na casa de Josep Maria # estaban el e Lorena xuntos. Pero en realidade Josep Maria 18 estaba na igrexa da Creación Áurea, e Lorena na súa casa. Seguramente eran filtros de percepción para despistar aos oficiais da FEF 09 do futuro alternativo. Lorena aparece por primeira vez no final da película Planetes III: Entre dous períodos de tempo. Josep Maria 19, na película Planetes IV: A enerxía do universo, ao final decide que ela e Melvin poderían axudarlles na FEF co seu problema de Érika e a Creación Áurea, e entón cóntalles todo e lévalles á nova nave FEF 09 onde coñecen a İhi e planean unha estratexia para atopar unha solución ao problema. A nave FEF 07, agora baixo o mando do capitán 0, tamén lles axuda.

Universo espello

No universo espello sábese que Lorena é do equipo de mozas de Yusma, pero aínda non apareceu nin se atopou con Josep Maria # do universo normal.

Personaxes de Planetes
Serie Personaxes principais das series
Planetes (anime) Hachirota "Hachimaki" HoshinoAi TanabeFee CarmichaelYuri Mihairokoh
Planetes (serie 1) Josep Maria 4RaljaLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes Mata 2 Josep Maria #RaljaManuelLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes 3 Josep Maria #LinaManuelLaiaLiaPadokOutros nenosBursianosİhi Kadse0PumikyCarlaAnnRutittoKimberly
SerieStar4 GrokaPadokOutros tripulantesJosep Maria #İhi Kadse0PumikyCarlaAnnLaiaKimberly (Mimi)Dany
Máis… Meŀlina (Planetes II) • Érika (Planetes III) • Creación Áurea (Planetes IV) • Lorena (Planetes IV) • Lauryn (Planetes V) • Alexandra (Planetes V)

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.