FANDOM


Planetes4

Logo de SerieStar4.

SerieStar4 é a cuarta e última serie do universo expandido de Planetes. Consta de 16 tempadas con 10 episodios cada unha.

Argumento

Sitúase do ano 2001 ao 2121. Empeza cun grupo de nimbeanos e e de mirianos, procedentes do sistema Talos, van buscar novas civilizacións polo espazo. Saen doce naves, e esta é a oitava. Teñen algunhas aventuras, e máis tarde atópanse coa FEF, na que se unen pasándose a chamar a súa nave a FEF 08. Cando saen do Sistema Solar son absorvidos por un buraco de verme non moi lonxe de onde estaban, e teñen máis aventuras. Todo isto vese nas tempadas 1-4 de SerieStar4. Aos poucos os protagonistas van cambiando: dos do sistema Talos (tempadas 1-4) aos de Planetes 3 (tempadas 5-16). Esta serie nas tempadas 5-16 presenta un futuro que podería ser de Planetes 3, pero sen a incursión temporal dos sulibans.

Personaxes

Tempadas 1-4

  • Groka: é a capitá da oitava nave da Frota Talosiana, e é nimbeana. Ela recruta dous tripulantes de Nimbea (Biurk e Lemba) e dous tripulantes de Mira (Parth e Mol). Cando saen, únese á tripulación unha muller dunha raza descoñecida, chamada Margareeda, que ten habilidades telepáticas e que axuda psicoloxicamente á tripulación. Máis tarde ten un fillo cun humano chamado Diego: Dídac Arguedas. Diego morre.
  • Parth: ten o rango de comandante e é o primeiro oficial da oitava nave da Frota Talosiana, e el é miriano. Como os demais mirianos, el respira nitróxeno. El estivo presente no primeiro contacto entre mirianos e humanos, pero os humanos que atoparon preferiron gardar o segredo. Parth casa con Mol e teñen dous fillos: Courier e Tuc.
  • Mol: ten o rango de tenente comandante e Groka recruta-a como xefa de seguridade, e é unha moza miriana. Ela tamén estivo presente no primeiro contacto entre mirianos e humanos. É a noiva de Parth, e máis adiante casan e teñen dous fillos: Courier e Tuc.
  • Biurk: ten o rango de alférez e é un dos temoneiros da nave, e é nimbeano como a maioría da tripulación. El sempre tivo un bo concepto dos humanos, ao contrario do resto de talosianos. Cando era novo, el viaxou á Terra e contactou cun neno humano de 9 anos chamado Félix Sarracín. O neno gardou o segredo. Biurk casa con Lemba e teñen un fillo: Félix, que se chama como o neno que Biurk coñeceu.
  • Lemba: ten o rango de alférez e é a outra temoneiro da nave. Ela é nimbeanesa, e é a noiva de Biurk, e máis adiante casan e teñen un fillo: Félix, que se chama como o neno que Biurk coñeceu.
  • Margareeda: axudante e psicóloga dunha raza diferente. Ela escapa do seu planeta, do cal non quere falar, e atópase coa oitava nave da Frota Talosiana. Groka acóllea e descobre que Margareeda ten grandes poderes telepáticos. Namórase de Padok, e cando este sofre o Pon Farr, se aparea con el.
  • Padok: é un neno vulcaniano que serve como alférez. Ten 13 anos, pero ten un aspecto dun humano de 7 anos. No primeiro episodio, cando van a Vulcano, Padok pide a Groka de unirse á súa nave, e ela acepta ao novo vulcaniano á oitava nave da Frota Talosiana como alférez. El sofre o Pon Farr e Margareeda, que estaba namorada de Padok, xúntase con el e empezan unha relación.

Tempadas 5-16

  • Josep Maria #: é un teremedosiano que foi o fundador da Frota Estelar da Federación e o primeiro almirante da Terra. En 2007, con 12 anos, aparece con tres novos personaxes: İhi Kadse, o seu irmán 0 e o pequeno Pumiky. Engaden á FEF o sistema Talos, crean máis naves: FEF 07 e FEF Dortox 00, recuperan a nave perdida FEF 05 e ao final só quedan na Terra el, İhi, 0 e Pumiky. 12 renombra a oitava nave da Frota Talosiana a FEF 08 cando Talos pasa a ser parte da FEF. Josep Maria # nas tempadas 5-16 aparece casado con İhi Kadse e ten dous fillos, Dany (verdadeira identidade de Ɛ) e Êlisy. Dany tamén casa e ten un fillo, Adry, que tamén casa e así segue a descendencia de Josep Maria #. Na liña temporal normal xubílase con 56 anos, pero segue aparecendo ao longo da serie.
  • İhi Kadse: é unha teremedosiana. Aparece en toda a serie, con distintas idades mostrando as etapas da súa vida e a de Josep Maria #. Ao principio Josep Maria 12, que estivera moitos anos inactivo, en 2007 recuperou a Frota Estelar da Federación coa nave FEF 07 e İhi entra como alférez xunto con 0. Ela rapidamente é ascendida a comandante. Pouco máis adiante, en 2008, Talos entra na FEF e o almirante Edward ascende a 12 a almirante. Entón 12 ascende a İhi a capitá e a 0 como comandante da nave FEF 07. Posteriormente móstrase un posible futuro dos personaxes: İhi aparece casada con Josep Maria # e ten dous fillos, Dany (verdadeira identidade de Ɛ) e Êlisy. Dany tamén casa e ten un fillo, Adry, que tamén casa e así segue a descendencia de İhi e Josep Maria #. Xubílase da FEF con 56 anos, pero segue aparecendo ao longo da serie.
  • 0: é o irmán de Josep Maria #, e é teremedosiano. Aparece en toda a serie, con distintas idades mostrando as etapas da súa vida e a de Josep Maria #. Ao principio entra como alférez xunto con İhi. El rapidamente é ascendido a piloto. Pouco máis adiante, en 2008, Talos entra na FEF e o almirante Edward ascende a 12 a almirante. Entón 12 ascende a İhi a capitá e a 0 como comandante da nave FEF 07. Posteriormente móstrase un posible futuro dos personaxes: o fillo de 0, e Carla, Franny, casa con Melins (unha moza do limbo que se perdeu e finalmente foi recuperada) e ten dous fillos. Deixa a FEF en 2050 con 55 anos para estar máis coa súa familia, estando ausente durante as tempadas 6 e 7. Volve aparecer da oitava tempada en diante.
  • Carla: é a copia dunha moza que ía ao mesmo colexio que Josep Maria #. Só aparece cando se mostra un posible futuro dos personaxes: o fillo de Carla e 0, Franny, casa con Melins (unha moza do limbo que se perdeu e finalmente foi recuperada) e ten dous fillos. Deixa a FEF en 2050 con 55 anos para estar máis coa súa familia, e case non aparece nas tempadas 6-16.
  • Ann: é a filla dun ser do limbo, Duman, e dunha muller que foi rexuvenecida, Lee. Aparece cando se mostra un posible futuro, onde vai na nave FEF 09 con Pumiky. En 2044, durante a Terceira Guerra Mundial, pérdese nun vórtice temporal e é dada por morta. Pero en realidade non morre, senón que vai parar ao ano 2266 nun planeta chamado Portal. Alí é atopado por unha nave do século XXIII, a USS Enterprise (NCC-1701), e ao final queda no planeta Portal controlando as viaxes no tempo (xa que o planeta Portal ten un ser moi poderoso chamado Gardián que fai posible as viaxes no tempo).
  • Laia: é medio goboliana por parte de pai e medio humana por parte de nai. Está casada con Manuel, e teñen un fillo: Pumiky. Aparece sendo comandante e primeiro oficial da nave FEF 05. Logo aparece cando sae un posible futuro, onde vai na nova nave FEF 09 e morre na Terceira Guerra Mundial.
  • Kimberly (Mimi): é unha humana que coñece o segredo da FEF. Aparece cando sae un posible futuro, onde se descobre que nese futuro Kimberly terá un papel moi importante na historia. Non coñecerá a FEF até 2024, cando intervén na independencia dun país futuro, O Tanika (país que aparece no anime). Tamén axuda á FEF coa Terceira Guerra Mundial e está presente na desgraza da primeira colonia en Marte, cando por un problema todos morren no 2059. Ela neste posible futuro serve a bordo da nave FEF 09. En 2063, un día antes do primeiro contacto, a nave FEF 09 atópase os sulibans que cambiaron a historia, e eles levan á agora tenente Kimberly (Mimi), que o seu ex noivo cóntalle acerca da outra historia e cando é liberada cóntallo a Josep Maria 67, e este ponse a buscar a liña temporal da que os sulibans veñen. En 2082 morre dunha contaminación nun planeta.
  • Dany: é teremedosiano, fillo de Josep Maria # e İhi Kadse e ten unha irmá, Êlisy. Casa con outra teremedosiana, Julay. O seu pai Josep Maria # e a súa nai İhi xubílanse, e el pasa a ser o novo almirante da FEF ao mesmo tempo que Julay pasa a ser capitá da 09. Dany e Julay teñen un fillo, Adry. En 2056 os pegasianos atacan Góbola e destrúeno e Dany, con rabia pola perda do planeta, destrúe Pegaso e cae nun vórtice que o leva ao século XXXI (xusto 1000 anos máis tarde). Despois de adaptarse a ese século e dalgunhas prácticas, entrou na organización de viaxes no tempo, baixo a identidade de Ɛ.

Series

Serie anterior Serie actual
Planetes 3 SerieStar4

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.