FANDOM


O recinto Tékoda é un recinto espacial que se sitúa no cuadrante Beta da Vía Láctea, preto do seu centro. Está preto de Góbola. Só aparece no universo expandido, en Planetes (serie 1), a primeira parte de Planetes Mata 2 e na primeira parte de Planetes 3 (nesta última serie é destruído pola directriz Omega). Os seus astros son:

Búr’sw

Planeta que é a capital. Ten 4 habitantes de orixe descoñecida, chamados bursianos, que capturaron a bóla 04 con Josep Maria #, Ralja e outros humanos. Cara ao final da primeira parte de Planetes Mata 2 a 05 a derrota e fanse como “reis” de Tékoda, pero iso é temporal porque regresan e volven estar encerrados. Ao final son finalmente derrotados coa destrución de Tékoda pola directriz Omega.

Ten un satélite, Li’ka. No planeta hai un “mar” chamado Alurrás. Este planeta destrúese no penúltimo episodio da primeira tempoada de Planetes 3, quedando o Alurrás en Fú’bw.

Ot

Estrela habitable de Tékoda. Nesta estrela había escondidos uns poucos humanos, tamén nenos, que foron collidos antes polos bursianos. Cando chegou a bóla 04 uníronse a eles. Ot destrúese ao destruírse Tékoda.

Ífnil

Planeta cuxos habitantes se chaman ifnilianos, que logo se descobre que son humanos. Durante case todos os episodios que aparece Tékoda eran inimigos dos humanos, ata que Josep Maria con 6 anos funda a Frota Estelar da Federación con humanos e ifnilianos. Só un grupo pequeno segue sendo inimigo da FEF, que morre cos bursianos ao destruírse Tékoda.

Fú’bw

Planeta que se descobre no principio da segunda tempada de Planetes Mata 2. Ao principio chamouse “Planeta pedra” pola súa xeoloxía, pero logo cambiouse o nome ao actual. Este planeta destrúese ao destruírse Tékoda.

Sút’bw

Críase que era un satélite de Búr’sw (Sút’ka). Este planeta destrúese ao destruírse Tékoda.

Kuna’héræ

Este planeta está fóra de Tékoda, pero destrúese ao destruírse Tékoda.

Porta

Non é un planeta, senón como unha base cunha porta enorme para que poidan saír e entrar naves.

Xunto á porta hai un muro que impide a entrada e a saída de Tékoda.


Especies e lugares de Planetes
FEF: Terra (humanos)Góbola (gobolianos)Teremedó (teremedosianos)Vulcano (vulcanianos)Nimbeanos e mirianos (sistema Talos)
Outros: Klingons (Kronos)SulibansRecinto TékodaPegaso (pegasianos)Dominio (dimensión descoñecida)Universo espelloVía Láctea

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.